O venres 7 de xuño ás 19:30 h na Parroquia A Milagrosa de Lugo terá lugar a institución como lectores e acólitos de Samuel Meca e Guillermo Carrillo. Os dous son seminaristas do Seminario misioneiro Redemptoris Mater, unha entidade que leva en Lugo desde 2017 e que se caracteriza pola súa dimensión á vez diocesana e misioneira. Ao terminar o seu itinerario formativo incardinaranse como sacerdotes da diocese de Lugo.
Samuel Meca López é orixinario de Lorca (Murcia), ten 25 anos. Ao dezaoito anos, foi enviado ao Seminario Redemptoris Mater de Roma e desde alí foi designado para comezar este novo Seminario en Lugo.
Guillermo Antonio Carrillo Vargas provén de Costa Rica e ten 30 anos. Comezou a súa formación aos vinte e dous anos, no Seminario Redemptoris Mater de Madrid, antes de ser enviado a Lugo.