O pasado domingo 17 de setembro tivo lugar no Seminario a presentación do curso académico 2017-2018 que terá por lema E non temas o imposible
Este ano a proposta é que se dea un paso de confianza e que se mire ao presente e ao futuro con ollos de esperanza. Cansos dun mundo que sempre canta as peores accións, invítase a dicir que si a Deus, a asumir o reto que supón deixar a Deus actuar na vida de cada un, a aceptar que El pode facer posible o que a un lle parece imposible.
En fin, invítase a rezar, soñar, arriscar, non pechar portas, abrir a vida, saír ao mundo, ver aos máis pobres.
Pola súa parte, as delegacións de Catequese de Galicia elaboran o material para o curso catequético 2017 – 2018 nas parroquias. Trátase de vivir este labor pastoral no dinamismo e creatividade que requiren os tempos actuais. E tamén manterse en comuñón como catequistas. O lema deste curso é Parroquia, familia que inicia na fe.
O 2 de outubro ás 19h no Seminario será o encontro de inicio de curso dos catequistas