Os catequistas da Diocese de Lugo teñen un encontro de inicio de curso o 3 de outubro ás 19h no salón de actos do Seminario Diocesano. Ás 20 h particípase na Eucaristía presidida polo señor Bispo na Catedral coa que se inaugura o Curso Pastoral.
Este ano os Secretariados de Catequese de Galicia propoñen guiarse e iluminarse pola exhortación apostólica ‘Amoris Laetitia’ do papa Francisco, con este lema: ‘A familia, fogar da catequese’.
Sempre é desexable unha implicación maior das familias na catequese, pois os pais deben ser os “primeiros mestres” da fe dos fillos, polo que todo esforzo para que tomen conciencia do seu papel nesta tarefa, é algo a ter en conta. Por iso, este ano as delegacións de Catequese de Galicia ofrecen os seguintes materiais: cartel, carta ás familias, folleto de presentación e tres catequeses sobre o tema.
· A nova páxina web das delegacións de catequese de Galicia, chea de recursos e na que se dan a coñecer iniciativas catequéticas da Diocese e das parroquias.
· E xa saiu o segundo caderno de materiais complementarios do catecismo ‘Testigos del Señor’ (11-12 anos): El Camino que conduce al Padre.