Este festival inclúese dentro do ciclo de concertos por Europa chamados “A música do peregrino”, que pretende aglutinar distintos ciclos de música sacra, de órgano, de coral en torno á realidade do Camiño de Santiago.
No primeiro concerto actúa Jean-Christophe Geiser, organista da Catedral de Lausanne e un dos mellores organistas europeos. Será un repertorio espectacular tanto pola calidade como pola facilidade para escoitar tamén para xente que non estea familiarizada con este tipo de música.