A Parroquia de Santa María e o Concello de Meira organizan o sábado 3 de decembro a inauguración da Sala de Reliquias da igrexa cisterciense de Santa María. Os actos comezan ás 11h no salón de plenos da Casa do Concello de Meira, onde pronunciarán unhas palabras a investigadora María Garrote Recarey, e o historiador Juan Manuel Monterroso Montero. Tamén intervirán os responsables da restauración, José Manuel Rey Agüiño e Ángeles Fernández Santiago, que relatarán como se desenvolveron os traballos de recuperación.
Ás 12:45 terá lugar, na igrexa de Santa María de Meira, a inauguración propiamente dita da Sala das Reliquias.