O mércores 25 de setembro iníciase do Curso Pastoral 2019 – 2020 cunha Eucaristía presidida polo sr. bispo Mons. Alfonso Carrasco ás 20 h na Catedral.
Este Curso Pastoral ten o lema “Vivimos da Eucaristía”.
O mesmo día 25, e tamén na Catedral ás 20:45h, o organista Giulio Mercati dará un concerto que será o primeiro dunha serie de tres que dará entre este ano e o que vén. No programa do concerto do mércores 25 Giulio Mercati interpretará composicións de Johann Sebastian Bach, Johann Ludwig Krebs, Felix Mendelssohn, Max Reger e Sigfrid Karg-Elert.