O día 20 de decembro tiveron lugar as II Xornadas Penitenciarias Lucenses. O tema central foron as experiencias de voluntariado no ámbito das prisións. Unha desas experiencias presentouna unha irmá da Sagrada Familia de Burdeos: Purificación Rodríguez Puerta (na foto). Igual que Catherine -Aimèe Nouailles, irmá do fundador da congregación da Sagrada Familia de Burdeos, que por ocuparse de persoas encarceradas era coñecida como “nai dos presos”, tamén chaman “mamá” a Purificación os presos que en situación de permiso van á Casa de Acollida que a pastoral penitenciaria ten na Diocese de Lugo.