Encontro de misioneiros, familiares e grupos de animación misioneira de Galicia

O próximo día 6 de outubro, ás 11:00 h. na Parroquia San Francisco Xavier (Lugo), haberá un encontro-convivencia de misioneiros, familiares e grupos de animación misioneira das dioceses galegas para compartir o labor dos misioneiros nados en Galicia, con motivo da campaña do DOMUND 2018. O horario da xornada é o seguinte:

11:30 h. Conferencia de Rolando Ruíz Durán, misioneiro xaveriano, en torno ao lema do Domund deste ano: “Domund. Cambia o mundo”.

13:00 h. Traballo en grupos

14:30 h. Comida.

16:30 h. Amenizaranos a velada David, un mago de Lugo.

17:15 h. O delegado de Santiago presentará un vídeo como homenaxe ao Director Nacional, Anastasio Gil, falecido recentemente, e lembraranos “O DOMUND AO DESCUBERTO” que tivo lugar o ano pasado en Galicia.
Farase unha presentación do cartel do DOMUND deste ano e explicarase que son e como funcionan as Delegacións de Misións.

18:30 h. Eucaristía presidida por D. Juan Antonio Fraile, misioneiro comboniano, que estivo durante 22 anos na República Democrática do Congo.

VI Encontro interdiocesano de Pastoral Penal

O día 6 de outubro na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela hai un encontro de membros da pastoral penal de Galicia sobre “A Igrexa que evanxeliza o cárcere, signo de esperanza”. Intervén Florencio Roselló, mercedario e director do departamento de Pastoral Penal da Conferencia Episcopal Española.

Desde Lugo haberá un autobús para facilitar a asistencia a esta xornada aberta a todos os interesados en coñecer o mundo da prisión.

Máis información a través do correo electrónico  jrmil@hotmail.com

Comeza un itinerario misioneiro para nenos

En setembro-outubro de 2018 comeza un itinerario misioneiro de catro anos que Obras Misionais Pontificias propón para realizar actividades con nenos de 6 a 12 anos. O obxectivo do primeiro ano é coñecer e explicar a dimensión misioneira da chegada de Xesús desde que foi anunciado a María, ata a viaxe dos seus pais a Belén para o seu nacemento.

ENCONTRO DE ORACIÓN a partir da pasaxe evanxélica da Encarnación

Na revista GESTO de setembro-outubro, estréanse seccións que mostran a infancia de Xesús e ofrecen aos nenos novos matices misioneiros.

CREACIÓN DUN RECUNCHO MISIONEIRO Elíxese un lugar nunha aula, sala de catequese ou habitación, onde crear o recuncho. Pode ser un tramo de parede, un recanto cunha mesa, coxíns, alfombra, mural… e un gran rótulo. Para traballar durante todo o curso, o grupo elixe un país, sobre o que cada participante (ou por grupos) se buscará e levará información para a seguinte reunión.

ACTIVIDADES: O Tren Misioneiro do Domund 2018, celebrarase o día 20 de outubro con destino Real sitio e Vila de Aranjuez baixo o lema: “Con Xesús, cambiemos o mundo”.

[Materiais]

Actos en torno á festividade da Mercé

Nos centros penitenciarios da Diocese -Monterroso e Bonxe- o propio día da Benaventurada Virxe da Mercé, o luns 24 de setembro, hai Misa Solemne.

Na prisión de Bonxe o mércores 26 de setembro o sacerdote Jesús Río Ramilo fálalles aos internos do Camiño de Inverno a Santiago. O xoves 27 será o sacerdote Alfonso Blanco quen terá unha intervención baixo o título “Camiño de Santiago: lugar e tempo de encontro”. E o venres 28 conclúense estas xornadas cunha mesa redonda na que presos que fixeron o Camiño de Santiago contarán as súas experiencias.

VI Encontro interdiocesano de Pastoral Penal: o día 6 de outubro na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela sobre “A Igrexa que evanxeliza o cárcere, signo de esperanza”. Intervén Florencio Roselló, mercedario e director do departamento de Pastoral Penal da Conferencia Episcopal Española. Haberá un autobús desde Lugo para facilitar a asistencia a esta xornada aberta a todos os interesados en coñecer o mundo da prisión. Para máis información e inscribirse: correo electrónico jrmil@hotmail.com.

Inicia a súa andadura GEN, Escola de liderado para mozos

Está en marcha GEN, a primeira Escola Interdiocesana de Pastoral Xuvenil para formar novos líderes cristiáns do presente e o futuro. O obxectivo é formar a mozos que queiran ser discípulos misioneiros nas súas parroquias, grupos ou movementos. Ser discípulo é seguir a Xesús, anunciar a Boa Noticia, ser líder para outros.
Durante tres fins de semana ao ano, expertos en liderado e mozos darán algunhas claves para chegar a ser os líderes que a Igrexa necesita. O primeiro será na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela, desde a tarde do venres 21 de setembro ata o domingo 23. O relator é Jordi Massegú, catequista Life Teen na súa parroquia de Tarrasa e responsable de Life Teen en España desde fai dous anos. Falará de liderado, de como xerar líderes á marxe dos ordenados.

[Máis información]

 

 

A %d blogueros les gusta esto: