Encontro anual da Pastoral Universitaria

A Subcomisión Episcopal de Universidades da Conferencia Episcopal, organiza do 13 ao 15 de novembro, o Encontro anual de delegados e responsables da Pastoral Universitaria. O tema é “Universidade nun contexto plural: a Pastoral Universitaria, oportunidade de diálogo”.

O Encontro é en Granada, cidade universitaria con diversidade de culturas e crenzas. Así, precísase no programa do Encontro que «tendo como fondo o Documento sobre a fraternidade humana pola paz mundial e a convivencia común asinado en febreiro 2019 polo papa Francisco e o gran imán Al-Tayyeb, reflexionaremos sobre as implicacións no mundo universitario desta diversidade. Tamén nos achegaremos a experiencias concretas que están a ter lugar no ámbito do diálogo intercultural, interrelixioso e ecuménico, no marco da Pastoral Universitaria».

[Programa]

Xornada sacerdotal en Olbeira

LITURXIA E SACERDOCIO é o título das Xornadas Sacerdotais que as Asociacións Social e Cultural Cruceirinho de Vigo e Porta do Camiño de Santiago de Compostela, organizan na Casa de Convivencias Olbeira.

A Xornada terá lugar o martes 12 de novembro e comezará ás 11.00 horas. Consistirá en dous relatorios a cargo de Monseñor José Rico Pavés, Bispo Auxiliar da Diocese de Xetafe e Doutor en Teoloxía Patrística acerca da Oración litúrxica do Sacerdote, e de D. Félix Arocena Solano Profesor de Teoloxía Sacramentaria da Facultade de Teoloxía da Universidade de Navarra, e autor de numerosas publicacións sobre Liturxia, que falará das anáforas do Misal Romano.

Ambos os relatores teñen unha gran experiencia académica, e numerosas publicacións nos temas que trata a Xornada, sendo autores de referencia destas materias tan básicas para a vida dos sacerdotes.

A Xornada completarase cunha mesa redonda ás 15.15 h onde os autores manterán un diálogo cos asistentes a estas Xornadas.

A inscrición pode facerse a través de SMS ou de WhastsApp ao 686 541 212 e 670 903 331.

O modo de chegar a Olbeira pode verse en www.olbeira.org.

Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado

«Non se trata só de migrantes» é o lema da Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado. a Xornada, o 29 de setembro.

O obxectivo é sensibilizar sobre a acollida aos migrantes e refuxiados que «non son un perigo, senón unha axuda que nos enriquece», lembran os bispos da Comisión Episcopal de Migracións na súa mensaxe para a Xornada. Tamén reclaman a erradicación e prevención de situacións de vulnerabilidade ou a desatención dos dereitos humanos.

Con motivo desta Xornada as organizacións que integran en España a rede Migrantes con Dereitos -Cáritas, CONFER, Xustiza e Paz, e a Comisión Episcopal de Migracións– pon en marcha a web www.migrantesconderechos.org

Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia

A XXVII Semana de Formación Permanente dos Cregos de Galicia celébrase no Mosteiro de Poio entre os días 10 e 12 de setembro co título “Xuventude: Comuñón e comunicación. Retos para unha tarefa evanxelizadora”

Martes 10

11 h Acollida

11:30 h Oración inicial e presentación das Xornadas

12 h Primeiro relatorio: “Xuventude e fe” Mons. Luis Argüello García, Bispo Auxiliar de Valladolid e Secretario Xeral da Conferencia Episcopal Española

13 h Diálogo

16:30 h Segundo relatorio: “Xuventude e fe” Mons. Luis Argüello García

18 h Descanso

18:30 h  Terceiro relatorio: “Retos para o ministerio sacerdotal” D. Carlos López Segovia, Vicesecretario da Conferencia Episcopal Española para Asuntos Xerais

20:30 h Vésperas – Eucaristía

22:30 h Cineforum D. José Gabriel Vera Beorlegui de MCS da Conferencia Episcopal Española

Mércores 11

8:30 h Laudes – Eucaristía

10:30 h Cuarto relatorio “A comunicación na Igrexa” (ad intra e ad extra)

D. José Gabriel Vera Beorlegui, de MCS da Conferencia Episcopal Española

Diálogo.

12 h Descanso

12:30 h Obradoiros:

– “Novas tecnoloxías e misión evanxelizadora”, D. José Carlos Alonso e D. Manuel Blanco

– “A pastoral vocacional, hoxe”, Delegacións de Pastoral Vocacional de Galicia

– “Cáritas e voluntariado xuvenil”, Delegacións de Cáritas en Galicia

15:30 h Excursión – convivencia

Xoves 12

8:30 h Laudes – Eucaristía

10:30 h Quinto relatorio: “A formación permanente do clero: un reto cara ao futuro”, por Mons. Jesús Fernández, bispo auxiliar de Santiago  

Diálogo

12:30 h Mesa redonda: Camiños a seguir a partir da exhortación apostólica Christus vivit

13:30 h Clausura das Xornadas

Reunión dos bispos de Galicia na véspera da Solemnidade do Apóstolo

Como vén sendo habitual na véspera da Solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio Barrio, presidiu o 24 de xullo a reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet; o de Mondoñedo Ferrol, monseñor Luis Ángel de las Heras; así como o auxiliar de Compostela, monseñor Jesús Fernández González. No encontro celebrado no Arcebispado compostelán tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén asistiu o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.

A %d blogueros les gusta esto: