Revivir o Congreso de Laicos para reavivar o proceso

Un ano despois da celebración do Congreso de Laicos, o traballo por parte das dioceses, movementos e asociacións laicales, foi incansable promovendo e impulsando o poscongreso entre as súas realidades. Por iso a Comisión Episcopal de Laicos, Familia e Vida da CEE organiza un encontro virtual co título “Revivir o Congreso para reavivar o proceso” para o venres 19 de febreiro.

Participarán Luis Argüello, secretario xeral da CEE e bispo auxiliar de Valladolid; Isaac Martín, delegado de Apostolado Segrar de Toledo, membro da comisión executiva e de contidos do Congreso de Laicos e do Consello Asesor de Laicos; a moza cordobesa Pilar Rodríguez-Carretero, responsable Nacional de Mozos de Cursos de Cristiandade e membro da comisión executiva e de loxística e organización do Congreso de Laicos; David Roces, mozo de Acción Católica Xeral de Oviedo; e Isabel García, membro de Vida Ascendente. Presentado e moderado pola malagueña Ana Medina, xornalista de TRECE TV.

O encontro será ás 19.00 horas do venres 19 de febreiro, é gratuíto, pero é necesario rexistrarse facendo click aquí.

Xornada Mundial do Enfermo

O 11 de febreiro, festividade da Nosa Señora de Lourdes, celébrase a Xornada Mundial do Enfermo. Este ano baixo o lema “Coidémonos mutuamente”.

O departamento de Pastoral da Saúde, dentro da Subcomisión Episcopal de Acción Caritativa e Social, editou os materiais para esta Campaña que en España ten dous momentos: o 11 de febreiro, é o Día do enfermo, de carácter mundial. A Igrexa en España celebra o 17 de maio a Pascua do enfermo.

En liña coa mensaxe do Papa Francisco, os bispos españois destacan a importancia deste momento para brindar unha atención especial ás persoas enfermas e a quen coidan delas, tanto nos lugares destinados á súa asistencia como no seo das familias e as comunidades. En particular ás persoas que sofren en todo o mundo a pandemia do coronavirus, así como aos máis pobres e marxinados.

Xornada rexional dos servizos relixiosos hospitalarios

O vindeiro luns 25 de xaneiro de 2021 terá lugar en liña a xornada rexional de servizos relixiosos hospitalarios e de residencias de Galicia.

Programa

10.00h.- Oración inicial e presentación da xornada. Mons. Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo e responsable da Pastoral da Saúde en Galicia.

10.15h.- Intervención de D. Ignacio Carbajosa, autor do libro “Testigo de excepción. Diario de un cura en un hospital Covid”.

11.00h.- Saúdo de D. Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia.

11:10h.- Relatorio: “A protección de datos nos servizos relixiosos hospitalarios”, por D. Jorge Prado (SERGAS) e D. Alfredo Losada (responsable de protección de datos no bispado de Lugo).

12:00h.- Descanso.

12:15h.- Ponencia: “El derrumbe de la Ética tradicional”, por D. José Ramón Amor Pan, doutor en Teoloxía moral, director do Observatorio de Bioética e Ciencia da Fundación Pablo VI, membro do servizo relixioso do Hospital Clínico Universitario da Coruña e autor de Bioética en tiempos del Covid -19.

13.15h.- Presentación da campaña do enfermo 2021, por D. José Luis Méndez, director do departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española e delegado diocesano de Pastoral da Saúde de Madrid.

13.45h.- Clausura por monseñor Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago.

Os interesados en participar nesta actividade deberán contactar co seu delegado diocesano de Pastoral da Saúde previamente para que lle envíe o enlace de conexión e así poder participar activamente na reunión de traballo facendo suxestións, preguntas, etc. por medio de chat ou verbalmente ao final de cada intervención dos relatores.

Domingo da Palabra de Deus

O ano pasado, o papa Francisco instituíu a celebración do terceiro domingo do Tempo Ordinario como Domingo da Palabra de Deus…

…Para comprender a riqueza que provén dese diálogo constante de Deus co seu pobo.

…Para que a Igrexa reviva o xesto do Resucitado que abre tamén para nós o tesouro da súa Palabra para que podamos anunciar por todo o mundo esta riqueza inesgotable.

…Para que nunca falte a relación decisiva coa Palabra viva que o Señor dirixe á Igrexa, para que poida crecer no amor e no testemuño de fe.

[Materiais]

Infancia Misioneira 2021

A Xornada da Infancia Misioneira celébrase en España o 17 de xaneiro, segundo domingo do tempo ordinario.

Infancia Misioneira é unha rede internacional de nenos que, coa súa oración e achegas económicas, axudan aos misioneiros no seu traballo coa infancia. Con esta Obra Pontificia, os nenos fanse protagonistas da misión e apoian aos misioneiros para que máis de catro millóns de nenos nas misións poidan acceder á educación, a saúde, a protección da vida, e a fe.

E todo como froito dun proceso de formación misioneira.

O diñeiro recadado en todo o mundo pasa a formar parte dun Fondo Universal de Solidariedade, desde o que se distribúe para proxectos infantís das 1.115 dioceses que son consideradas Territorios de Misión. En 2020 financiáronse 2.800 proxectos que lograron que millóns de nenos:

  • Teñan un refuxio onde vivir

  • Poidan comer e xogar e non teñan que traballar

  • Reciban catequese e saiban que son queridos por Xesús

  • Teñan medicamentos e alguén que lles cure

  • Poidan aprender a ler, teñan unha escola e libros

  • E aprendan a ser eles tamén misioneiros

[Materiais]

A %d blogueros les gusta esto: