125 anos de presenza mercedaria en Sarria

Con motivo de cumprirse 125 anos de presenza mercedaria en Sarria, o luns 2 de agosto ao oito da tarde celébrase unha Misa de Acción de Grazas na igrexa do Mosteiro da Madalena.

HISTORIA

O bispo Benito Murúa dirixiuse á Santa Sé informando de que en Sarria existía, ruinoso, o antigo Mosteiro dos Agostiños, usurpado en 1835 polo Estado, que foi entregado á Municipalidade para ser usado como cárcere desde 1840.
O oito de xullo de 1896, a Santa Sé autorizaba que o Bispo Benito Murúa entregase o Mosteiro aos Mercedarios.
Sobre o que supuxo o establecemento dos Mercedarios, comenta Amador López Valcárcel:
“Do apostolado do ensino en Sarria por parte dos Mercedarios creo non cabe dúbida algunha.
“Evidentemente un noviciado relixioso nun pobo como Sarria era un beneficio docente para os comarcanos, xa que a estes establecementos sempre acudiron raparigos que na súa maior parte non chegan á profesión relixiosa ou ao sacerdocio. É un labor benéfico que non todos queren recoñecerlle á Igrexa.
“Pero, ademais do Noviciado relixioso, e seguramente participando dos ensinos que se impartían no mesmo, o Bispo autorizou desde o comezo do curso escolar 1901-1902 que funcionase en tal establecemento unha das chamadas Preceptorías, que viñan ser como seccións filiais do Seminario Diocesano nas que podían cursarse os primeiros anos de Humanidades”. (Episcopologio lucense, páx. 601)

 

Día mundial contra a trata de persoas

Con motivo do Día Mundial contra a Trata de Persoas (30 de xullo), varias organizacións católicas levan a cabo campañas denunciando esa lacra.

A circunstancia da pandemia fai que moitas das vítimas potenciais están agora máis lonxe dos mecanismos de prevención e apoio, o que complica a súa identificación e rescate e facilitou o auxe do recente fenómeno da ciberprostitución.

Hai detectadas ao redor de 50.000 vítimas de trata, pero o número real de persoas afectadas é moito maior, dada a natureza oculta deste delito.

Cáritas Lugo presta apoio ás vítimas

Mans Unidas exemplifica situacións de trata de persoas en Filipinas e Colombia

Citas do Papa Francisco sobre a trata

Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores

O vindeiro 26 de xullo celebrarase por primeira vez a Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores. O tema escollido polo Papa é: “Eu estou convosco tódolos días”, expresando así a proximidade do Señor e da Igrexa na vida de cada persoa maior, especialmente neste difícil momento de pandemia.

O lema é tamén unha promesa de proximidade e esperanza que mozos e maiores poden expresarse mutuamente. De feito, non só os netos e os mozos están chamados a estar presentes na vida das persoas maiores, senón que os maiores e os avós teñen tamén unha misión de evanxelización, de anuncio, de oración e de guía dos mozos á fe.

[Materiais para a celebración]

Día da responsabilidade no tráfico

Co lema «Coida de el» (Lc 10, 35). Bos samaritanos no camiño, o primeiro domingo de xullo, celébrase o Día da responsabilidade no tráfico.

Os bispos da Conferencia Episcopal Española que se encargan da Pastoral da Estrada publican unha mensaxe con motivo desta xornada. Nela din que “todos estamos chamados, como peóns ou como condutores, a pasar pola vida como bos samaritanos, facendo o ben e practicando a misericordia co próximo, a imitación de Xesús… Un bo samaritano non só non fai mal a ninguén, senón que tampouco pasa de longo ante quen o necesita. Ser bo samaritano é facer da estrada unha arteria de vida, de seguridade viaria, de traballo, de comunicación, de encontro fraterno, de riqueza cultural e económica. Un espazo para vivir o coidado e o gozo da familia e dos amigos.”

[Mensaxe dos bispos]

Óbolo de San Pedro

A Igrexa convida a todas as persoas de boa vontade a participar na tradicional colecta do Óbolo de San Pedro, que se realiza o vindeiro domingo 27 de xuño baixo O lema Un corazón que ve as feridas e mans creativas para curalas.

Trátase dunha colecta da Igrexa universal formada polas axudas económicas que ofrecen os fieis de todo o mundo directamente ao Papa para soster os proxectos caritativos da Santa Sé. Naceu no século VII, coa conversión dos anglosaxóns. Como sinal de adhesión a Roma empezaron a enviar unha contribución anual ao Papa. Así naceu o Denarius Sancti Petri, a Esmola a San Pedro. Logo engadíronse outros países europeos. Oficialmente foi instituÍdo por Pío IX no ano 1871.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, os fondos recadados este 2021 contribuirán á atención dos máis necesitados, con diversos proxectos caritativos do Papa Francisco, en especial a loita contra a fame e o desemprego que sofren millóns de persoas vulnerables no mundo, a consecuencia da pandemia.

A %d blogueros les gusta esto: