Día da Igrexa Diocesana 2021

O Día da Igrexa Diocesana celébrase o domingo 7 de novembro co lema «Somos o que ti nos axudas a ser. Somos unha gran familia contigo». Con motivo desta xornada lémbrasenos que xuntos, como familia, na Diocese lógranse unhas parroquias activas que responden á chamada de Deus. Os fieis poñen todo o que son ao servizo dos outros e colaboran xuntos levando a cabo o labor da Igrexa. Xuntos lógranse unhas parroquias vivas, comprometidas, apaixonadas por Xesucristo e entregadas aos demais.
Celébrase dun xeito especial o sentimento de formar parte non só dunha familia no noso fogar senón que tamén formamos outra familia dentro da gran familia dos fillos de Deus. E lémbrase o importante que é pór o que somos ao servizo dos demais.

[Carta do Bispo]   [Carta del Obispo]

Domund 2021

O domingo 24 de outubro celébrase a Xornada Mundial das Misións, o Domund, co lema “Conta o que viches e oíches”. O papa Francisco lembra que, cando recoñecemos a presenza de Deus como Pai na nosa vida, podemos abrir o corazón para deixarnos tocar por El, permitir que cure as nosas cegueiras e ser capaces de compartir no día a día o que vimos e oído da man de Jesús. É o que fan os misioneiros.

OBXECTIVOS DO DOMUND

  • Explicar o labor evanxelizador nos territorios de misión e mostrar a vida das comunidades que constitúen as Igrexas novas.

  • Buscar fondos para manter á Igrexa neses territorios encomendados á Congregación para a Evanxelización dos Pobos.

  • Fomentar as vocacións misioneiras, que son algo de hoxe e de sempre, así como a formación e a oración misioneira de todo o pobo de Deus.

  • Dar a coñecer as Obras Misionais Pontificias e a súa función esencial para a animación e a cooperación misioneiras.

O programa “Polo camiño da fe” da Televisión de Galicia dedícase esta semana ás misións. Domingo 24 ás 9:45 h

A continuación, a Misa das 10:00 h. será retransmitida por TVG desde a igrexa de San Francisco Xavier (Lugo)

Ás 12:30 h. na mesma igrexa celébrase unha Misa cos misioneiros, e familiares, da Diocese de Lugo. E seguidamente haberá unha comida no salón parroquial.

[Materiais]

Xornadas de liturxia

Os próximos días 13 e 14 de outubro celébranse as XLIX Xornadas de Liturxia que orga-niza a Conferencia Episcopal Española, que este ano, pola pandemia impartiranse online. O tema que se tratará será a iniciación cristiá e o catecumenado, hoxe.

Estas xornadas suplen a xornada de formación que tiña a Diocese de Lugo outros anos a principios de curso no Seminario.

Para facilitar a participación nas xornadas estableceranse varios puntos de coñexión en distintos lugares da Diocese: A Fonsagrada (igrexa), Lugo (Seminario), Lalín (Santuario do Corpiño), Chantada (Igrexa Nova), Monterroso (Casa parroquial), Baralla (Casa parroquial), Sarria (igrexa O Rosario), e Monforte (Casa parroquial).

Se alguén prefire mellor participar desde a súa casa, de xeito individual, tamén se pode facer, solicitando as claves para a conexión á parroquia A Milagrosa (Lugo) ou á parroquia Sta. María (A Fonsagrada).

O programa detallado das xornadas será o seguinte:

Mércores 13 de outubro

16:00 h. Oración inicial e presentación das Xornadas. Mons. José Leonardo Lemos Montanet, bispo de Ourense e presidente da CEL.

16:30 h. O catecumenado e a iniciación cristiá, onte e hoxe. D. Jaume González Padrós. Profesor do Instituto de Liturxia (Barcelona) e consultor da Comisión Episcopal para a Liturxia.

18:00 h. O Ritual da iniciación cristiá de adultos. D. Lino Emilio Díez Valladares, SSS. Párroco da Nosa Señora do Santísimo Sacramento de Madrid e profesor de Liturxia.

Xoves 14 de outubro

16:00 h A catequese no proceso da iniciación cristiá. D. Juan Luís Martín Barrios. Vigairo para o Ministerio Ordenado e os Ministerios Laicais. Diocese de Zamora.

17:30 h A iniciación cristiá dos nenos en idade catequética. D. Vicente Edgar Esteve Pineda. Delegado episcopal de Liturxia. Arquidiocese de Valencia.

19:00 h Clausura das Xornadas. Mons. José Leonardo Lemos Montanet.

Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado

O lema da Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado (26 de setembro) é «Cara a un nós cada vez máis grande». É unha ocasión para pór diante a vacina definitiva que a familia humana necesita: saír dun «nós» pequeno, reducido por fronteiras ou por intereses políticos ou económicos, para ir a un «nós» incluído no soño de Deus, no que vivamos como irmáns compartindo a mesma dignidade que El nos dá.

“Cómpre humanizar as crises, responder socialmente desde o horizonte da fraternidade humana, denunciando a instrumentalización da dor e a pobreza.

Que estean abertas as portas alí onde camiñe a Igrexa e que o migrante se incorpore cada vez máis, en todos os procesos de participación, de vida e de fe.

Esforcémonos en constituír un sistema que normalice a migración legal e segura a longo prazo, e que se base plenamente nunha ética apoiada nos dereitos humanos, no horizonte de fraternidade universal e no dereito internacional”.

Da Mensaxe dos bispos da Subcomisión Episcopal para as Migracións e Mobilidade Humana

[Materiais da Xornada]   [Artigo de Antón Negro]

Preparación do novo curso catequético

A situación actual permite retomar e continuar coa actividade catequizadora na parroquia, que é a casa común de todos os cristiáns e a casa da catequese por excelencia. Alí os nenos teñen a oportunidade de vivir e aprender, xunto con todos os crentes e cos catequistas, a alegría da fe e de crer en Xesús.

Vai seguir apoiándose e dando continuidade á experiencia nos fogares. Porque a catequese sempre comeza na casa. O fogar e a familia é o primeiro ámbito natural de crecemento e maduración da fe e, nel, os pais e avós son os primeiros catequistas.

O Equipo de Catequese de Galicia axudará a párrocos e catequistas a asegurar esta continuidade da catequese nas parroquias.

[Orientacións sanitarias e pedagóxicas]

[Explicación de lema e cartel]

A %d blogueros les gusta esto: