O papa Francisco pide unha xornada de oración pola paz en Ucraína o 26 de xaneiro

O domingo 23 de xaneiro, despois do rezo do Ángelus, o Papa Francisco expresou a súa preocupación ante as crecentes tensións en Ucraína». Como xesto concreto de proximidade espiritual, o Santo Padre propuxo realizar unha xornada de oración para invocar a paz neste país o mércores 26 de xaneiro.
«Sigo con preocupación as crecentes tensións que ameazan con asestar un novo golpe á paz en Ucraína e pon en dúbida a seguridade do continente europeo, con repercusións aínda máis vastas. Fago un chamamento sincero a todas as persoas de boa vontade para que recen a Deus Todopoderoso para que todas as accións e iniciativas políticas estean ao servizo da fraternidade humana e non de intereses partidistas», dixo o Papa

Infancia Misioneira 2022

Co lema “Con Xesús a Xerusalén Luz para o mundo!” o domingo 16 de xaneiro celébrase a Xornada da Infancia Misioneira.

Os nenos aluman coa súa luz de tenrura os corazóns dos adultos, tantas veces endurecidos e avellentados.

A Diocese de Lugo no ano 2020 enviou 4.714,37€ para Infancia Misioneira. O diñeiro recadado en todo o mundo pasa a formar parte dun Fondo Universal de Solidariedade, desde o que se distribúe para proxectos infantís das 1.116 dioceses que son consideradas Territorios de Misión. En 2021 Infancia Misioneira financiou 335 proxectos que beneficaron a máis de 4 millóns de nenos.

Viaxe virtual por proxectos de Mans Unidas

En colaboración coa diocese da Rioxa, Mans Unidas organiza unha viaxe virtual por proxectos de 12 países. O obxectivo é profundar na esixencia de compromiso social do seguimento de Xesús. Tamén se trata de profundar nas causas da inxustiza e a pobreza, así como os posibles xeitos de loitar contra elas.

Supérase o Challenge chegando á última etapa en Guatemala antes do 1 de marzo. Un reto maior sería chegar antes do 13 de febreiro, día da Xornada Nacional de Mans Unidas. Para ir progresando hai que resolver correctamente -coas pistas que se van solicitando polo camiño- o gran enigma Challenge.

Esta experiencia é gratuíta.

Quen non teña conta na plataforma “Challenge Internacional”, ingresará na súa web eun mesmo faise usuario en 1 minuto. Se xa se ten conta, só hai que automatricularse en Manos Unidas Challenge.

Día do Catequista Nativo e do Instituto Español de Misións Estranxeiras

O 6 de xaneiro de 2022 celébrase o Día do Catequista Nativo, este ano baixo o lema “A Misión, tarefa de todos”. Porque na misión do Señor todos somos corresponsables.

O Instituto Español de Misións Estranxeiras (IEME) é unha canle que se ofrece ás dioceses de España, concretamente aos sacerdotes, para realizar a misión. IEME conta con máis de 100 sacerdotes misioneiros diseminados por varios países de América, África e Asia, procedentes de 33 dioceses españolas.

O Instituto Español de Misións Estranxeiras presenta o 41º encontro-convivencia de animación misioneira para sacerdotes diocesanos e diáconos que se realizará do 10 ao 13 de xaneiro en Madrid. Trátase dun encontro de sacerdotes con inquietude misioneira ou que pensen saír á misión ad gentes.

Contactos: Luís Carlos e Miguel Anxo 917 268 427

Equipo de Formación e Animación Misioneira do IEME

Xornada Mundial dos Pobres

A Igrexa celebra o domingo 14 de novembro a V Xornada Mundial dos Pobres. Este ano o papa Francisco propón o tema, «Os pobres téndelos sempre entre vós»

Nesta Xornada convídase a facer unha parada no noso camiño para tomar conciencia de como nos resoa hoxe a mensaxe de Xesús, como está a responder a comunidade cristiá aos pobres.

Trátase dun mirar contemplativo e tenro ás persoas concretas que están preto de cada un de nós, persoas que sabemos que viven situacións de pobreza, de enfermidade, de soidade ou de rexeitamento. Trátase de contemplar de xeito activa para deixarnos tocar e ser capaces de escoitar o que hoxe a súa vida, os seus soños e desexos teñen que dicirnos. Os últimos da nosa sociedade teñen a súa propia voz e os seus propios anhelos, e este tempo sinodal convida a escoitar.

[Subsidio]

A %d blogueros les gusta esto: