Mans Unidas convoca unha nova edición das ’24 Horas’

Mans Unidas celebra a XII edición da súa iniciativa «24 Horas» baixo o lema #AcendeAChama, unha acción global que se levará a cabo do 9 ao 10 de novembro co obxectivo de iluminar o mundo enteiro cunha mensaxe de compromiso e esperanza.

Trátase de mobilizar a persoas de todas as idades e recunchos do planeta para que acendan unha chama que transcenda fronteiras e achegue un pouco máis a xustiza e a igualdade a quen máis o necesitan.

Na actual edición de «24 Horas», Mans Unidas fai un chamado especial á mocidade, para que participe activamente e convértase en axente de solidariedade e en exemplo de esperanza para as súas comunidades.

A partir das 20 h do 9 de novembro poderá verse na canle virtual creada ao efecto, as imaxes de quen se fotografaron cunha candea para que esa luz de desenvolvemento viaxe de Norte a Sur.

—————–

 Por outra parte, e con motivo do desastre da DANA no leste de España, a Comisión Permanente de Mans Unidas decidiu realizar unha doazón extraordinaria de 25.000 euros a Cáritas España, que conta coa estrutura e experiencia suficiente para a atención e apoio ás comunidades afectadas. Máis información.

Campaña da Igrexa Diocesana 2024

A campaña da Igrexa Diocesana 2024 céntrase en como o descubrimento das súas respectivas vocacións motivou que varias persoas cambiasen de vida.

Diego perdeu a esperanza na adolescencia tras a morte, en 15 días, de dous sacerdotes moi queridos. Unha luz levouno de novo ao camiño. Agora, como misión evanxelizadora, acompaña aos mozos.

Montse coñeceu a unhas misioneiras. Pero quería unha vida familiar. Ante a dúbida, Deus deulle a forza e atopou a súa vocación. Agora é misioneira en Xapón

Pedro é un enxeñeiro ao que lle cambiou a vida o falecemento dun enfermo de Sida que coñecía. Ademais de dar clases nun colexio, agora é diácono.

Carmen quería ser monxa. Nuns exercicios espirituais o Señor púxolle no corazón a certeza de que a súa vocación era o matrimonio. Está casada con Alberto; teñen dous fillos.

A Pilar gustáballe, en xeral, a súa vida, pero preguntándose cal era o seu lugar no mundo, en Deus atopou a resposta. Agora é monxa cisterciense.

A vida de Litus era o xoquei e a festa. En Medjugorje descubriu que podía falar con Deus. Agora é sacerdote e axuda á xente a atopar a Deus a través do deporte. Ou polo menos, para que sexa unha canle de crecemento persoal.

 

[Vídeos cos testemuños das persoas mencionadas]

Encíclica Dilexit nos (Amounos)

A cuarta encíclica do papa Francisco trata sobre o culto ao Sagrado Corazón de Xesús e publícase o 24 de outubro de 2024.

O primeiro capítulo analiza o que entendemos por «corazón».

O segundo capítulo está adicado aos xestos e palabras de amor de Cristo.

No terceiro capítulo lémbranse reflexións anteriores da Igrexa sobre o Corazón do Señor.

No cuarto recóllense experiencias de encontros co Corazón de Cristo, tanto no caso dos primeiros cristiáns como de santos.

O quinto e último capítulo profunda na dimensión comunitaria, social e misioneira de toda auténtica devoción ao Corazón de Cristo.

A encíclica conclúe cunha oración do papa Francisco ao santo Corazón de Xesús.

[Texto da encíclica]

Propostas de Mans Unidas

Mans Unidas é consciente de que a educación é unha ferramenta necesaria para transformar e mellorar o mundo. Po iso, a organización prepara cada ano os materiais e as accións necesarias para chegar a todos os axentes educativos da sociedade.

Mans Unidas pon a disposición de catequistas, formadores, sacerdotes e familias dunha serie de recursos. Son materiais centrados na Campaña 2025 («Compartir é nosa maior riqueza»). Están dirixidos a todas as idades (nenos, adolescentes, novos e adultos), para unha formación que axude ao compromiso polo desenvolvemento integral e ao cambio de actitudes e estilos de vida, tomando conciencia da responsabilidade nas estruturas de pecado. Trátase de loitar polo ben, a bondade e a beleza.

Manos Unidas propón nesta campaña camiñar cara ao destino universal dos bens, o ben común e unha cultura de comuñón, para alcanzar unha humanidade asentada sobre a “cultura do compartir”.

Na sede de Mans Unidas Lugo teñen o material impreso na web da organización ese mesmo material dixitalizado.

Por outra parte, está en marcha unha nova edición do festival de clipmetraxes. Nesta ocasión trátase de reflexionar sobre a importancia de comprometernos para que todas as persoas teñamos unha vida próspera e avanzar cara a un cambio persoal que nos leve a consumir con responsabilidade, compartindo os recursos para reducir as desigualdades.

Últimas semanas da exposición “Hospitalitas. A graza do encontro”

Ramón Yzquierdo mostra a escultura cedida pola Diocese de Lugo

Nun acto organizado o 22 de outubro por Lugo Patrimonio, o director Director Técnico – conservador do Museo Catedral de Santiago de Compostela, Ramón Yzquierdo Peiró, falou da exposición da que é un dos comisarios, “Hospitalitas. A graza dun encontro” con sede na Catedral compostelá e en San Martiño Pinario.

Sobre o sentido da exposición, Ramón Yzquierdo falou do relato, que é “un aspecto que sempre ten especial importancia nas mostras de Las edades del hombre, e que na miña opinión debe ter sempre todo proxecto expositivo. É dicir, non caer na tentación de facer grandes montaxes, unha colección de cromos, pezas relevantes, sen mais, senón que precisamente grazas a estas pezas seleccionadas imos desenvolvendo un relato que neste caso nos fala de hospitalidade nos camiños de Santiago”

A exposición, que permanecerá aberta ata o 30 de novembro, ten 170 pezas, das que 30 foron restauradas para a mostra, tanto polo obradoiro da Fundación “Las Edades del Hombre” como pola Fundación Catedral de Santiago.

Sobre a peza cedida pola Diocese de Lugo explicou Ramón Yzquierdo que é “unha imaxe de Santiago realizada no primeiro cuarto do século XV, que deriva, en último termo, da escultura que fixo o mestre Mateo para o parteluz do Pórtico da Gloria”.

Este ano a exposición “Las Edades del Hombre. Hospitalitas” ten, ademais da sede compostelá, outra en Villafranca del Bierzo. A este último lugar o Departamento de Patrimonio histórico artístico organiza unha viaxe o 9 de novembro.

Ramón Yzquierdo Peiró
A %d blogueros les gusta esto: