A asociación Centro Xuvenil Abertal, socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organiza o I Congreso “Es o que comes” para mozos e mozas.
A xuntanza comezará a partires das 10:45 horas no Cine Salesianos (R/ Venezuela) de Vigo, onde será a acollida aos máis de 100 mozos e mozas de 15 a 19 anos de idade que se xuntarán.
Ambientado no formato dun Congreso, haberá un relatorio inicial, a cargo da médica de familia Ana Prejigueiro (experta en nutrición). A partires das 12:00 haberá seminarios nos que se traballarán distintos aspectos relacionados coa saúde: física, psicolóxica, social e espiritual.
Ás 16:00 horas, hai unha celebración na parroquia Mª Auxiliadora na que se recolle o vivido ao longo da mañá.
O acto de clausura deste encontro realizarase ás 17:15 h no patio do centro.
O lema deste ano é “Es o que comes”. E participarán mozos e mozas que forman parte dos grupos xuvenís de tempo libre que funcionan todo o ano cun ritmo semanal e teñen momentos fortes como son o campamento de verán no mes de xullo, o Campobosco no mes de novembro, esta xuntanza no mes de xaneiro e en Semana Santa a Pascua Xuvenil. En total son preto de 500 mozos e mozas os que participan asiduamente destes grupos en toda Galicia. En Lugo, Ateibo (colexio salesiano da praza da Milagrosa).