Con motivo de conmemorarse o I Centenario da Unión Eucarística Reparadora en Lugo, o 2 de marzo ás 19h no Seminario preséntase o libro do poeta Lucrecio Serrano Pedroche De rodillas Señor ante el Sagrario o Evangelio de Juan.
E o 4 de marzo haberá varios actos na Catedral para celebrar o centenario:
-
ás 18h haberá oración de acción de grazas
-
ás 19h celebración da Eucaristía.
Marías dos Sagrarios de Lugo celebran, o primeiro domingo de cada mes, un acto eucarístico (vésperas) na Catedral ás 5 da tarde e unha charla de formación o terceiro venres de mes na igrexa de Santiago A Nova.