Os alumnos do Seminario de Lugo non só reciben formación teórica sobre a solidariedade (unha das bases fundamentais inculcadas no centro) senón que tamén manteñen un horto solidario.
Os propios estudantes preparan a terra e plantan unha vintena de frutais e hortalizas como leitugas, tomates, pementos, verzas…
É unha actividade coordinada polo profesor de Matemáticas e Tecnoloxía, Miguel Leiva Torreiro, na parroquia de Santa Comba, preto de Nadela. Outra plantación é unha leira que o Concello de Outeiro de Rei cedeulles para este fin no polígono industrial. Os rapaces collen o labor con ganas, aínda que acaben coas mans cheas de calos. Non deixa de ser unha actividade diferente, divertida, e cun fin solidario. O 90% da produción repártese entre a xente necesitada de Lugo e o 10% restante consúmese no Centro. Da parte que se doa, o 70% lévase a Cáritas parroquial de Lugo. O outro 30% da colleita vai ó comedor social de San Froilán.
Os participantes na actividade aprenden non só aspectos da natureza senón tamén de matemáticas (cando fan estatísticas da produción anual, por exemplo), química (reciclaxe, biodiésel…)
Por este horto solidario, os seminaristas recibiron en anos anteriores o premio Voz Natura.
¿ Qué daño les ha hecho a los redactores de A NOSA VOZ la lengua española para maltratarla de forma tan cruel?