As dioceses de Galicia serán este ano a sede de todas as actividades que con carácter nacional realizarán as Obras Misionais Pontificias (OMP) en relación co Domund, a Xornada Mundial das Misións. No outubro misioneiro deste ano as principais cidades de Galicia acollerán testemuños, charlas, exposicións e a lectura do pregón. Este ano o Domund celebrarase o día 22 de outubro co lema “Se valente. A misión agarda por ti”. Con este lema faise referencia a que os misioneiros son un modelo para todos os cristiáns e para a sociedade actual. Evanxelización e promoción social son para as Obras Misionais Pontificias dúas caras da mesma moeda: o desenvolvemento integral do home.
O Domund é unha ocasión privilexiada para volver a mirada con gratitude aos preto de 13.000 misioneiros españois.