O día 28 de decembro entre 10:30h e 14h o Seminario Diocesano acolle unha xornada de formación permanente para sacerdotes, relixiosos e laicos.
O tema é o proceso canónico para as causas de nulidade matrimonial a un ano da entrada en vigor da carta apostólica do Papa Francisco Mitis Iudex Dominus Iesus. O encargado de impartir a formación é Alberto Riádigos, xuíz do Tribunal Eclesiástico.