A Delegación de Lugo de Mans Unidas organiza unhas sesións de formación sobre os documentos Sacramentum caritatis e Caritas in veritate de Bieito XVI. É unha actividade non só para voluntarios de Mans Unidas, pois tamén está aberta á participación de todos aqueles que teñan interese.
As reunións deste grupo de reflexión-formación son no Seminario Diocesano de Lugo ás cinco da tarde. As vindeiras sesións de formación son o 18 de febreiro, o 11 de marzo, o 8 de abril, o 13 de maio e o 17 de xuño.
O consiliario de Mans Unidas Lugo, Miguel Ángel Álvarez, será quen dirixa o estudo.