Servizo de Acollida e Atención a Marxinados e Excluídos de Caritas Diocesana de Lugo
ALGUÉN ESPERA A TÚA AXUDA
1. Matrimonio novo, tres fillos ao seu cargo, os ingresos cos que contan proceden da RISGA. Necesitan 460 euros para facer fronte ás súas necesidades básicas.
2. Home de mediana idade, enfermo, sen ningún tipo de ingreso. Necesita 300 euros para subministracións e alimentos.
3. Nai maior, con dous fillos, un deles inválido, a filla está en paro e non cobra prestación; só contan cunha pensión non contributiva do fillo. Necesitan para medicamentos e alimentos 500 euros.
4. Matrimonio de mediana idade, con tres fillos; el enfermo e cobrando unha pensión pequena. Necesitan para alimentos 520 euros.
5. Home só, sen recursos, pendente de cobrar unha RISGA. Necesita para o aluguer e alimentos 475 euros.