Na Catedral de Lugo concluíu o triduo en honor a Don Bosco, cunha Eucaristía presidida polo Bispo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Na súa homilía recordou unha frase de San Xoán Bosco na que expresaba a necesidade de acompañar e de educar, coa razón, o amor e a relixión. Considerou isto Mons. Alfonso Carrasco como unha síntese prodixiosa. Ademais, non se trata únicamente dunha frase que pode resultar máis ou menos feliz, senón que o importante está en que Don Bosco viviuna. Por iso fixo moitos amigos e daba gusto estar aos seu carón para aprender. Concluíu Mons. Alfonso Carrasco desexando que a maior graza e fecundidade chegue ás comunidades salesianas.