O día 24 terá lugar a apertura dos 25 anos das Fillas de María Auxiliadora (salesianas) en Lugo. Ás 11:30h hai unha Eucaristía na igrexa de San Francisco Xavier (Lugo) e a continuación o pregón de Encarna Saavedra.
Durante o resto do curso haberá os seguintes actos:
-
Do 9 ao 14 de novembro: Semana vocacional; mesa redonda para alumnado
-
10 de decembro: chocolatada solidaria
-
14 de xaneiro: conferencia “A fermosa tarefa de educar: o carisma salesiano”, a cargo de Sor Carmen Villora, FMA
-
29 de xaneiro: festa de Don Bosco
-
Febreiro: concurso literario e de debuxo “O meu colexio”
-
18 de marzo: encontro de antigos alumnos
-
Abril: exposición fotográfica dos 25 anos
-
15 – 24 de maio: Novena de María Auxiliadora, organizada polo ADMA
-
24 de maio: festa de María Auxiliadora
-
30 de xuño: día da familia. Peche da conmemoración dos 25 anos das salesianas en Lugo. Misa de acción de grazas.