A Adoración Nocturna celebra o domingo 30 de setembro en Chantada a XIII Festa da familia adoradora da Diocese de Lugo. O programa é o seguinte:
-
11,00 h Recepción e concentración de adoradores diante da antiga igrexa Parroquial.
-
11,15 h Saúdo do Presidente da Sección de Chantada e rezo de laudes, no citado templo.
-
12,15 h Procesión de bandeiras cara á igrexa nova
-
12,30 h Eucaristía presidida por Monseñor Carrasco Rouco. Ao concluír, visita á Nova Capela do Santísimo, integrada nunha monumental e artística Santa Cea, e tempo libre.
-
15,00 h Comida de confraternidade.
-
18.00 h Desprazamento ao Santuario de Nosa Sra. do Faro.
-
19,00 h Ofrenda floral, rezo do Santo Rosario e breve intervención do Presidente Diocesano.
-
20,00 h Regreso.