Festa convivencia cos maiores en Santalla de Lóuzara

A Fundación O Noso Lar celebra en Santalla de Lóuzara o domingo 21 a Festa de Convivencia cos Nosos Maiores, na que participarán unhas 1.700 persoas do concello de Samos.

Ás doce da mañá será a Eucaristía, presidida por Miguel Gómez. Despois, os voluntarios ofrecerán un pregón, os veciños maiores de 90 anos serán homenaxeados e servirase unha comida gratuíta. A actuación musical corre a cargo da charanga NBA da Coruña.

Durante a celebración da festa repártese o último número da revista semestral que publica a Fundación O Noso Lar.

A festa celébrase nesta ocasión baixo a lema Somos nós.

Somos nós: maiores, xoves e nenos, os que xuntos levamos vinte anos dándonos o pracer de celebrar e gozar da festa de convivencia cos nosos maiores. Unha verdadeira festa de fraternidade, na que se comparte alegría, humor, amizade, fe…

Somos nós, os que desde hai vinte anos vimos organizando actividades cos maiores e cos máis novos que ofrecen oportunidades para subsanar as dificultades de vivir na aldea. Todos xuntos o facemos posible porque somos nós

Somos nós, os que co noso traballo, a nosa xenerosa aportación e gratuíta colaboración, facemos que se poidan levar a cabo as actividades. É este un aspecto importante que convén non olvidar para evitar que nos enganen, e sobre todo para sentirnos orgullosos do que somos capaces de facer xuntos.

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: