A Biblioteca do Seminario exhibe durante o mes de maio unha exposición con motivo do IV Centenario da morte de Cervantes. Consta de catro partes:
- Unha sección céntrase en diversas biografías ademais dunha edición facsímil que reúne por primeira vez os doce documentos escritos da súa propia man (na imaxe superior, dous deses autógrafos);
- outra está dedicada á relación que estableceu Galicia con Cervantes a través dos seus escritores autóctonos;
- unha terceira parte está integrada polos diversos estudos, ensaios e a pegada que deixou Cervantes na nosa cultura;
- e, para rematar, diversas edicións de El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha, publicadas este ano para conmemorar o IV Centenario da súa morte.