Con motivo da Xornada do DOMUND, a Delegación de Misións invita a ver unha exposición na 2ª planta do Museo Provincial ata o 18 de outubro. Son fotografías feitas por Yolanda Ferrer (na imaxe superior), representante da Fundación Vicente Ferrer. Trátase de mostrar unha cidade do sureste da India – Anantapur- coñecida como “cidade do infinito”. Nela habita unha das comunidades tamén máis pobres e excluídas do sistema de castas indio, os dálits ou intocables e os grupos tribais.
Preto de 30 fotografías compoñen esta exposición, instantáneas que van acompañadas de comentarios e reflexións da propia autora.
O martes 6 de outubro ás 19:00 h. será a inauguración e a autora ofrecerá unha conferencia o día 14 ás 19 h, que se titulará “ESPERA UN MILAGRE”.