O luns 3 de outubro ás 20 h quedou inaugurado o Curso Pastoral 2016 – 2017 cunha Eucaristía presidida polo señor Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco na S. I. Catedral. Participaron vicarios e delegados, persoas consagradas, catequistas, profesores de relixión, membros de Cáritas, de movementos… en representación de toda a Diocese.
Na súa homilía, o señor Bispo agradeceu o labor que realizan todos e invitou a pedir “ao Señor que manteña esperto e vivo o noso corazón. Estará así se acertamos co desafío que van significar as persoas e as tarefas que temos encomendadas. Como o bo samaritano tamén nós debemos mirar as persoas, as tarefas, os desafíos, como unha ocasión que Deus nos dá. Seremos felices se florece no noso corazón o amor ao próximo… que é a clave en case todos os programas”.