O sábado 25 de maio o Seminario Diocesano de Lugo acolle un Encontro Vocacional para monagos e mozos de 11:30 a 17 h.
Trátase dun encontro que pode axudar a propoñer, acompañar e animar no camiño da vocación sacerdotal aos mozos, especialmente os monagos.
Chámase Encontro Vocacional en vez de o Día do monago porque non se quere perder de vista este horizonte específico que é o Seminario. É un encontro preferentemente para monagos e mozos que poidan ser candidatos ao Seminario ou que manifestaron unha inquietude vocacional sacerdotal.
O horario é o seguinte:
-
11:00 -Acollida de participantes
-
11:30 – Comezo do Encontro – Benvida e oración
-
12:00 – Dinámicas, visita ao Centro…
-
14:00 – Comida para todos (sacerdotes, participantes e acompañantes)
-
14:30 – Xogos
-
16:00 – Despedida