O sábado 18 de xaneiro na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela ten lugar o VII Encontro interdiocesano de pastoral penal de Galicia. Este ano o lema é “Aprendendo a incluír”. O programa é o seguinte:
-
10 h Acollida
-
10:30 Oración
-
10:45 h Primeiro relatorio: Ferramentas do Voluntariado de Pastoral Penal antes, durante e trala prisión (1ª parte), por María Yela García, psicóloga do corpo superior de Institucións Penitenciarias e Delegada da Pastoral Penal de Madrid.
-
11: 50 h Descanso
-
12: 15 h Segundo relatorio: Ferramentas do Voluntariado de Pastoral Penal antes, durante e despois da prisión (2ª parte), por María Yela García
-
13:15 h Celebración eucarística
-
14 h Xantar
-
16 h Diálogo aberto coa relatora
-
17 h Final da xornada
Poden inscribirse nesta xornada persoas vinculadas ou non ao labor pastoral penal; abonda con ter interese polo tema e contactar con José Río Ramilo no correo jrmil@hotmail.com