O pasado sábado,14 de xuño, a Delegación de Apostolado Segrar da Diocese de Lugo organizou un encontro de sacerdotes e tamén de laicos da Diocese de Lugo para dar a coñecer máis de preto os novos retos da Acción Católica Xeral. Estiveron presentes na reunión o Presidente e o Consiliario de Acción Católica Xeral, D. Higinio Junquera e D. Fernando Altemir. A reunión tivo lugar na parroquia do Bo Pastor de Lugo.