O vindeiro venres 15 de xuño, o santuario do Cebreiro acollerá o Encontro diocesano para clausurar o Curso Pastoral 2017-2018.
É un encontro-convivencia para sacerdotes, relixiosos, consagrados e fieis laicos. O motivo é reunirse para dar grazas a Deus por este curso pastoral, e tamén é unha ocasión para verse, compartir experiencias, rezar e comer xuntos. Preside o encontro o Sr. Bispo.
Organízase a comida para todos e un dos autobuses que irán sairá de Praza Bretaña (Lugo) ás 9:30 h. da mañá.
O encontro desenvólvese do seguinte xeito:
-
11:15 h: Acollida-Oración
-
11:30 h: Reflexión: “Fraternidade, un camiño de fe”. Dirixe: D. Francisco Castro Miramontes, membro do equipo da comunidade franciscana do Cebreiro.
-
12:30 h: Descanso
-
13:15 h: Celebración da Santa Misa (Sacerdotes levar alba e estola)
-
14:15 h: Comida
-
16:30 h: Oración mariana
-
17:00 h: Fin do encontro
É necesario apuntarse antes do 13 de xuño para a comida (15 €) e para o desprazamento en autobús (10 €) chamando ao teléfono 982 214 265.