O encontro diocesano ao comezo do Ano Litúrxico en Silleda o 30 de novembro desenvolveuse pola mañá da seguinte maneira:
-
11:00. No salón parroquial da casa reitoral de Silleda: Acollida, oración e exposición do tema: “Ano Litúrxico: Celebración do Amor de Deus” a cargo de D. Ramiro González Cougil, Delegado de Liturxia de Ourense.
-
13:00. Celebración penitencial na igrexa parroquial de Silleda
Pola tarde: Eucaristía no Santuario do Corpiño e bendición do cadro da imaxe da Virxe Desatanós de Galicia.
A imaxe da Nosa Señora Desatanós é un cadro pintado por un artista descoñecido no ano 1700. María está rodeada de anxos e protexida polo Espírito Santo. Atópase de pé pisando a cabeza dunha serpe. Un anxo á súa esquerda alcánzalle as cintas con nós e outro anxo á súa dereita recolle as cintas estiradas.