O sábado 27 de xuño terá lugar en Lousada, Samos, un encontro de voluntarios e monitores da Fundación O Noso Lar. Con motivo de cumprirse 25 anos de traballo, farase balance do vivido ata agora por parte do voluntariado da zona de Samos. E comentaránse propostas de cara ao futuro, para que haxa vida no Concello. Será unha oportunidade de tomar conciencia de que puido facerse moito cando a xente colabora.
“Diferentes personalidades,
diferentes cores de pel.
Uns os luns, outros os xoves ou…
os sete días da semana.
En todo tempo.
Todos cun horizonte común.
Homes e mulleres anónimos que
sudan a camiseta polos máis”.
Voluntarios, voluntarias.
A ilustración e os versos son da autoría de Matilde Arrizado.