O sábado 13 de abril no salón da parroquia de San Francisco Xavier de Lugo terá lugar o segundo Encontro de relixiosos e sacerdotes inmigrantes na Diocese de Lugo. O anterior fora o 29 de abril do ano 2023. Tamén se convida a misioneiros lucenses que se atopen pola Diocese. A orde do día será o seguinte:
– 10:00 Saúdo, benvida e oración
– 10:20 Café e diálogo
– 10:45 Revisión do percorrido desde o encontro do ano pasado
– 11:30 Programación de actividades a compartir proximamente:
- Día de excursión e convivencia con inmigrantes no mes de xullo (celebración da Eucaristía e intre de ocio)
- Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado (29 de setembro).
- Realización dalgún Círculo de Silencio fóra da cidade de Lugo
- Celebración da Virxe de Guadalupe (14 decembro) para latinoamericanos e españois
– 13.00 Final da reunión.