Do 14 ao 16 de novembro Santiago de Compostela acolle o Encontro de delegados diocesanos e responsables de Pastoral Universitaria de España e Portugal. Este encontro ten lugar despois do Sínodo sobre os Mozos e no marco da liña de traballo sobre “estudantes en mobilidade”. Por iso, un dos temas é ver como axudar aos membros da comunidade universitaria a descubrir a pregunta pola vocación persoal –entendida en sentido amplo–, e acompañalos no crecemento e desenvolvemento desa vocación.