O vindeiro sábado 5 de novembro de 2016 terá lugar un Encontro de segrares, no Seminario diocesano de Lugo. O tema é “Misión e misercordia nos laicos“, e terá unha parte contemplativa, outra formativa e outra vivencial. O horario do encontro será o seguinte:
10:00 Acollida e oración
10:30 Reflexión en torno á misión e misericordia nos laicos, por Jesús Fernández Aira, párroco de S. Francisco Xavier e especialista en Biblia.
11:20 Traballo en grupos. Haberá 3 bloques temáticos:
- Descubrir o rostro misericordioso do Pai
- Igrexa nai de misericordia
- Cultura da misericordia
12:00 Descanso
12:30 Posta en común e reflexión comunitaria
13:45 Oración final
14:00 Fin do encontro