Este ano os señores bispos presentan un novo catecismo, Testigos del Señor, que sen dúbida será referencia na etapa de postcomunión.
Na Delegación Diocesana de Catequese teñen os obxectivos seguintes:
– Coordinación e concentración da catequese en zonas.
– O coidado da catequese de infancia favorecendo a súa continuidade despois da Primeira Comunión, preparándose para a Confirmación.
– Formación de catequistas
– Potenciar a dimensión litúrxica da catequese, animando aos nenos a participar na Eucaristía dominical, xunto cos seus pais.
– Coidar a catequese de adolescentes e mozos así como animando a súa continuidade e implicación na Igrexa.
– Favorecer a formación de adultos.
Sobre todos estes obxetivos vai afondarse na xornada de inauguración de curso do día 9 de outubro (xoves) no Seminario diocesano cos seguintes actos:
-
18 h Acollida-oración
-
18,30 h Presentación do curso catequético 2014-2015: Obxetivos, catecismos, materiais, criterios, actividades, etc
-
19,30 h Saída para a Catedral
-
20 h. Eucaristía xunto coas demais Delegacións e Vicarías