O triduo que se celebra en Sta. Mª Magdalena de Adai (Lugo) en honra da Virxe da Saúde estará presidido ás 19:30h polos Arciprestes da zona e colindantes: O xoves 14 de setembro por D. Francisco García Campo, párroco de San Vicente de Rábade e arcipreste de Cotos da Esquerda.; o venres día 15, farao D. Antonio Fernández González párroco do Bo Pastor de Lugo e arcipreste da cidade de Lugo e o sábado día 16 dirixirao o arcipreste de Cotos da Dereita: D. José Chorén López, párroco de San Pedro de Soñar.
O domingo, día 17, haberá misas desde as 9 da mañá; celebrándose a Solemne ás 13 horas, presidida por D. Severino Suárez, Párroco de San Francisco Xavier da Coruña e Arcipreste da cidade herculina.
Este ano estréase o himno á Virxe da Saúde, composto por D. José Molejón Rañón, organista da Catedral de Lugo e gran devoto da Virxe. Tamén se conta, por primeira vez, co estandarte da Virxe da Saúde deste Santuario, doado por unha devota.
Trala Misa Solemne do día 17, realizarase a “Bendición de chaves” e a Procesión ao redor do Santuario, finalizando os actos coa veneración á imaxe da Virxe da Saúde.
En torno ao Santuario, haberá carpa e actuacións de varios grupos.