A escritora e escultora arxentina María Elena Roquier inicia o 11 de maio en Lugo o Camiño de Santiago. O día anterior presentou a súa obra Santiago Apóstolo El Mayor e antes do acto respondeu a algunhas cuestións.
– Como xurdiu a idea de escribir sobre o Apóstolo Santiago?
– Uunha amiga que vive en Córdoba (Arxentina) fixo como catro ou cinco veces o Camiño de Santiago e contábame moitas historias sobre a súa experiencia nese peregrinar. Logo xurdiu un intercambio con Xavier Eguiguren: eu enviáballe unha novela miña, el enviábame unha obra súa, e unha que considero moi interesante del é a titulada 730.000 Pasos sobre os Camiños de Santiago. Vin a necesidade de comezar a buscar material sobre o Apóstolo Santiago e chegou un momento en que dixen “eu teño que escribir sobre este santo”. Cando tiven unha cantidade de información que me pareceu que era a que me servía realmente para imaxinarme ao Apóstolo evanxelizando, falando coa xente, foi cando xa me puxen a escribir, en plena pandemia.
– Que personaxes aparecen na obra, ademais do Apóstolo?
– Recorrín á Biblia e tamén inventei algúns personaxes, deilles vida. Hai unha nena que é un personaxe moi particular: está ao comezo, no centro da novela e tamén ao final. E van xurdindo outras persoas que o Apóstolo se vai atopando no camiño e que lle fan lembrar a Xesús e o que aprendeu del. Xesús brindoulle dons para que chegase el á situación á que chegou, que dixo agora si beberei o cáliz que Ti bebiches e que eu non entendín no seu momento. Foi cando decapitaron a Santiago.
– A que público vai dirixida o libro?
– Persoas que xa o leron consideran que pola linguaxe e outras características desta novela, está moi dirixida aos nenos. Por suposto que para os adultos tamén.