Cada cristián é testemuña na súa vida diaria, na súa vocación concreta. Pero tamén se pode ser testemuña na misión ad xentes desde España a través da oración, achegando tempo dispoñible e con donativos.
Oración. Segundo o Papa Francisco, a primeira obra misional é a oración, que ten varias formas: petición diaria, vixilias de adoración, rosario misioneiro…
Tempo. En España hai 1.689 voluntarios nas delegacións diocesanas de misións, e nas parroquias, traballando na sensibilización misioneira, e no funcionamento da “misión de retagarda”.
Na misión: cada ano, desde España, unhas 10.000 persoas -especialmente novas-, dedican o tempo das súas vacacións para facer unha experiencia misioneira. En moitos casos isto convértese nun voluntariado de maior duración.
Donativo. Outra forma de participación activa na misión da Igrexa é a colaboración con Obras Misionales Pontificias achegando donativos cos que soster a Igrexa e o seu traballo pastoral nos Territorios de Misión.
Actos na Diocese
Vixilias de Oración na Diocese:
Parroquia San Pedro de Lugo, venres 21, ás 20:00 h.
Escolapios de Monforte, sábado 22, ás 20:00 h.
O Corpiño, domingo 23, ás 18:00 h.
Eucaristia na Parroquia San Francisco Xavier de Lugo ás 12:30 e ás 13:30 h no salón parroquial xantar con misioneiros e os seus familiares