O domingo 24 de outubro celébrase a Xornada Mundial das Misións, o Domund, co lema “Conta o que viches e oíches”. O papa Francisco lembra que, cando recoñecemos a presenza de Deus como Pai na nosa vida, podemos abrir o corazón para deixarnos tocar por El, permitir que cure as nosas cegueiras e ser capaces de compartir no día a día o que vimos e oído da man de Jesús. É o que fan os misioneiros.
OBXECTIVOS DO DOMUND
-
Explicar o labor evanxelizador nos territorios de misión e mostrar a vida das comunidades que constitúen as Igrexas novas.
-
Buscar fondos para manter á Igrexa neses territorios encomendados á Congregación para a Evanxelización dos Pobos.
-
Fomentar as vocacións misioneiras, que son algo de hoxe e de sempre, así como a formación e a oración misioneira de todo o pobo de Deus.
-
Dar a coñecer as Obras Misionais Pontificias e a súa función esencial para a animación e a cooperación misioneiras.
O programa “Polo camiño da fe” da Televisión de Galicia dedícase esta semana ás misións. Domingo 24 ás 9:45 h
A continuación, a Misa das 10:00 h. será retransmitida por TVG desde a igrexa de San Francisco Xavier (Lugo)
Ás 12:30 h. na mesma igrexa celébrase unha Misa cos misioneiros, e familiares, da Diocese de Lugo. E seguidamente haberá unha comida no salón parroquial.