A Delegación Diocesana de Misións programou varios actos con motivo do Domund:
Luns 17: Conferencia de José Mª Rojo sobre a misión nas grandes urbes latinoamericanas.
Venres 21: Vixilia da Luz na Parroquia de San Tirso, Palas de Rei.
Domingo 23: procesión desde o Bispado ata a Catedral, onde se celebrou a Eucaristía ás 13h, presidida polo bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco. Ante a imaxe da Virxe dos Ollos Grandes depositáronse 56 flores en representación dos misioneiros naturais da Diocese lucense.
A Diocese de Lugo recadou en 2015 a cantidade de 99.377,45 euros de parroquias, comunidades, colexios e particulares. A Delegación de Misións agradece a todas as persoas e institucións que fixeron o ano pasado ese esforzo económico e apoiaron desa maneira o traballo dos misioneiros.
Na páxina web da Delegación de Misións recóllense testemuños dalgúns dos misioneiros da Diocese de Lugo.