Camiño Contemplativo – Experiencia Coresmal

O venres 29 de marzo ten lugar o segundo Camiño Contemplativo deste curso, que propón a Delegación de Apostolado Segrar.

Nesta ocasión O Camiño Contemplativo – Experiencia Coresmal, o percorrido será de 18 a 20 horas ao redor da Muralla de Lugo. O punto de encontro será ante o Concello, na praza Maior. E proponse meditar sobre o seguinte: Construímos muros. Cales son os nosos medos?

Nesta experiencia de contemplación na realidade social da cidade de Lugo, trátase de deixarse mirar por Xesús, saber mirar o mundo desde os ollos do corazón, desde os ollos de Deus.

Preparativos da Semana Santa na cidade de Lugo

O martes 26 de marzo de 2019 tivo lugar a Reunión Ordinaria da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, na que se tratou o seguinte:

– Pregón e pregoeiro da Semana Santa 2019

Terá lugar o día 10 de abril, mércores, ás 8 da tarde no Salón Rexio do Círculo das Artes. Correrá a cargo de FEDERICO FERNÁNDEZ DE BUJÁN FERNÁNDEZ, lucense, doutor en dereito romano e membro da Real Academia de Doutores de España. Neste acto intervirá o Orfeón Lucense.

  • Actos Culturais

IV Concerto de Música Sacra a cargo da BANDA FILHARMÓNICA DE LUGO, o día 6 de abril, sábado, as 6 da tarde na Catedral de Lugo.

V Concerto Coral de Semana Santa polo ORFEÓN XAN MONTES, e do CORO DE NENOS DA PARROQUIA DE SANTIAGO A NOVA. Será o martes, 9 de abril, as  8.30 horas da tarde na Igrexa de Santiago a Nova.

Procesións e demáis actos

Mantéñense os percorridos destes últimos anos.- Destacar que por segundo ano consecutivo na tarde do Martes Santo terá lugar a cerimonia do Encontro de María co seu Fillo camiño do Calvario, durante a Procesión do Bo Xesús e Nazareno. Será a Virxe das Dores a que sairá ao paso do seu Fillo, escenificada no preciso momento no que o Nazareno chegue á altura do Convento dos PP. Franciscanos, na Praza Maior.

A principal novidade estará no Vía Crucis, o venres día 12 de abril. Desenvolverase integramente na Catedral Lucense, desde a Praza Pío XII ao Claustro, e serán escenificados momentos da Paixón de Cristo.

– Cartel e programa

O cartel estará a cargo de Eduardo Ochoa. Tamén se está a traballar estes días en ultimar o programa de Semana Santa. Estará reflectido todo nun libriño que sufrirá variacións respecto aos anos pasados para facelo máis cómodo e útil. Este programa será repartido polas axencias de turismo de toda España. Despois da confirmación por parte do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo do recoñecemento da Semana Santa de Lugo como Festa de Interese Turístico Galego, a Xunta de Confrarías comeza cos traballos que levarán a conseguir este recoñecemento a nivel nacional.

Exercicios espirituais en Sobrado dos Monxes e Santiago

Entre o venres 22 e o domingo 24 de marzo as Delegacións de Apostolado Segrar de Lugo e Santiago organizan exercicios espirituais no Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Comezan o venres 22 ás 18 h, momento da acollida; ás 19h faise oración de vésperas coa comunidade de monxes. Están impartidos polo prior Carlos G. Cuartango. Estes exercicios para movementos e asociacións de apostolado segrar tamén están abertos a laicos non asociados, matrimonios, mozos, profesorado de relixión e todo cristián laico que busque encontrarse con Deus.

Máis información: laicos@diocesisdelugo.org

E entre o venres 5 de abril ás 19:30 h e o domingo 7 ás 18:30 será a Casa de Exercicios de Santiago de Compostela a que acolla os Exercicios Espirituais.

 Información: javierporro@archicompostela.org

Asemblea Anual da Adoración Nocturna de Lugo

O venres 15 de marzo celebrarase a Asemblea Anual Regulamentaria da Adoración Nocturna de Lugo no Seminario Diocesano, co seguinte programa:

Ás 19 horas, SANTA MISA, na capela do Seminario.

Ao concluír esta Eucaristía iniciarase a Asemblea no salón de actos do mesmo centro, tratándose estes puntos:

 – Preces regulamentarias

 – Saúdo do Presidente Diocesano

 – Informe de Secretaría

 – Informe de Tesouraría

 – Informe do Presidente sobre a situación da Obra

 – Elección de novo Presidente Diocesano

 – Rogos e preguntas

 – Intervención do Director Espiritual

Ao concluír o acto compartirase un pequeno ágape de confraternidade.

A %d blogueros les gusta esto: