IX Congreso de Educadores Católicos

O sábado 4 de maio de 2019 no Salón de Actos Seminario de Lugo ten lugar o IX Congreso de Educadores Católicos “Aplicacións e dispositivos móbiles na aula de Relixión” co seguinte programa:

  • 09:15 Acollida dos asistentes e presentación das xornadas

  • 09:30 Relatorio: Orientacións de metodoloxía didáctica

  • 10:30 Obradoiro: Obradoiro I: Robótica

  • 11:30 Descanso

  • 12:00 Obradoiro: Obradoiro II: Realidade aumentada

  • 16:00 Obradoiro: Obradoiro III: Gamificación e Creatividade

  • 18:00 Descanso

  • 18:15 Relatorio: Carisma franciscano-clariano no século XXI: a evanxelización dixital

  • 19:15 Avaliación

O relator será o mestre de Relixión na Cañiza Manuel Fernández Álvarez, experto na utilización de aplicacións e redes sociais na aula.

Coma todos os anos, réndese homenaxe a un centro educativo da Diócese, este ano o Colexio dos Franciscanos

O Instituto Teolóxico Compostelán valora en horas da formación a asistencia a este Congreso: 7 horas (fase formativa), 1 hora (fase de avaliación).

Asemblea Diocesana de Catequistas

O día 27 de abril celebrouse en Monforte de Lemos (igrexa de San Antonio) a Asemblea Diocesana de Catequistas. Nun clima de participación, alegría e serenidade asistiron a este encontro unhas setenta persoas de varias parroquias da Diocese.

O tema central “Acompañados e acompañar desde a Palabra” foi exposto por D. Jesús Angel Fernández Aira, que profundou no tema e resultou de gran interese para os catequistas.

Cada asistente à Asemblea recibiu o distintivo dunha chave cunha mensaxe no anverso coa que se podía abrir a Palabra. Traballouse en grupo, formando chaveiros de sete persoas, reconstruíndo textos do Evanxeo, convidando a vivir e facelo cos catequizandos.

Concluíuse coa Eucaristía, concelebrando oito sacerdotes e participando de maneira activa todos os grupos.

Algúns testemuños dos participantes:

* Para abrir a Palabra, non só hai que exercitar a fe, hai que orala, vivila e testemuñala.

* Xesús ensinounos a confiar e a non ser indiferentes ante os que acompañamos.

* Convídanos a amar, e ser amor, servir, esquecerse dun mesmo e orar.

* Ensínanos a acompañar desde o testemuño e a entrega.

Asemblea de Catequistas

O 27 abril 2019 os catequistas da Diocese teñen un encontro en Monforte de Lemos (igrexa de San Antonio) para compartir experiencias e celebracións. Tamén é ocasión para animarse no camiño do acompañamento desde a vida e experiencia con Xesús.

PROGRAMA:

  • 10´30 – Inicio – Oración – Benvida do Sr. Bispo

  • 11´00 – Relatorio: “ACOMPAÑADOS POLA PALABRA” polo Delegado Episcopal de Apostolado Segrar, Jesús Fernández Aira

  • 11´45 – Dinámica de grupo: Chaves para ser acompañantes

  • 13´00 – Celebración da Eucaristía

  • 16´00 – Visita Museo de Arte Sacra M.M. Clarisas. Museo do viño – A Ribeira Sacra (adega)

A Delegación de Catequese pon a disposición o bus gratis. De Lugo sairá ás 9,15 h (diante do Seminario). Prezo comida: 13 euros

Avisar no correo: catequesis@diocesisdelugo.org

Santa Misa Crismal

O mércores 17 de abril, ás 11 h na Catedral de Lugo, o Bispo da Diocese, Mons. Carrasco Rouco, presidirá a Misa Crismal, na que concelebran os sacerdotes da Diocese.

Nesta celebración, que manifesta a comuñón do Bispo cos seus presbíteros, bendinse os óleos que despois se reparten ás parroquias da Diocese para a administración dos sacramentos ao longo do ano.

O aceite é un regalo da localidade andaluza de Andújar, que o pasado mes de febreiro celebrou un acto de irmandamento co concello do Incio. Ambas as localidades comparten a devoción a San Eufrasio, enterrado no val do Mao e patrón de Andújar e da Diocese de Xaén.

Encontro preparatorio de Semana Santa

A Delegación de Apostolado Segrar organiza o sábado 13 de abril entre as 10 e as 14 horas no Seminario un Encontro preparatorio da Semana Santa. Estará centrado nos personaxes da Semana Santa.

E o 17 de maio na Casa Diocesana hai un retiro do grupo de formación laical de 10 a 17 h  a cargo do sacerdote do Arcebispado de Oviedo, Andrés Pérez: “Como vivían os primeiros cristiáns”

A %d blogueros les gusta esto: