Encontro de Pais

Nestes encontros convídase a proxectar a vida familiar dun modo intelixente nun espazo de formación e reflexión sobre a familia e as emocións.

No Colexio Divino Mestre (Lugo) comeza o 14 de xaneiro un Encontro de Pais. Poden participar todos os pais interesados, estean vinculados ou non ao colexio.

O Centro de Orientación Familiar Diocesano e o Instituto da Familia de Ourense organizan este Encontro de Pais, cuxos temas son:

I. Pais maduros, fillos felices: o reto

II. Asertividade: afrontando conflitos

III. Fillos líderes e resilientes

IV. Intelixencia espiritual: educación 3.0

V. Xestión intelixente das novas tecnoloxías

Cada sesión, un día ao mes, comeza puntualmente ás 19:30 h e conclúe ás 21 h. Tras unha breve exposición teórica, faise un taller práctico e danse propostas de instrumentos educativos prácticos.

4 de xaneiro, San Manuel González

O sábado 4 de xaneiro é a festa de San Manuel González, Bispo dos Sagrarios abandonados, fundador das Marías dos Sagrarios e das Misioneiras Eucarísticas de Nazaret. Foi adorador nocturno.

A Catedral de Lugo acolle o 4 de xaneiro os seguintes actos na honra de San Manuel González:

  • 19:00 horas: – Adoración Eucarística na Catedral Lugo. Con textos de San Manuel.

  • 19:30 – Rosario bíblico comentado por San Manuel.

  • 20:00 – Celebración da Eucaristía. Colecta: para Fondo Solidario San Manuel González. (Comedor de nenos en Venezuela) Entrega de folleto coas pinceladas máis importantes da súa vida.

Unión Eucarística Reparadora e Marías dos Sagrarios Discípulos de San Xoán – Lugo organizan estes actos.

Festa da Sagrada Familia

O primeiro domingo de Nadal celébrase en todas as parroquias a festa da Sagrada Familia, na que se nos convida a orar con e pola familia. Na Catedral de Lugo ás 13 h o sr. bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco presidirá a Eucaristía para dar grazas a Deus polas familias e ao remate saudará persoalmente ás familias asistentes. Os matrimonios que celebran aniversario de vodas serán obsequiados cun pequeno detalle.

[Materiais para celebrar esta festa]

Xornada de formación permanente

O venres, día 27 de decembro, celébrase a xornada de formación permanente para sacerdotes, relixiosos/as e laicos no salón de actos do Seminario. O tema elixido é “Cáritas na Igrexa e a nosa Cáritas diocesana”. Comézase ás 11 h e conclúese ás 13:45 h. Tras unha breve fundamentación teolóxico-pastoral da caridade na Igrexa, daranse a coñecer os programas que leva a cabo Cáritas Diocesana de Lugo.

Concurso de tarxetas de Nadal

A libraría La Voz de la Verdad convoca o XI Concurso de Tarxetas de Nadal

Ata o 25 de decembro, alumnos de Infantil, Primaria e E.S.O. de Galicia poden presentar tarxetas de Nadal orixinais e inéditas en tamaño DIN-A4 con técnica libre e soporte cartolina ou cartón pluma. Concederánse premios consistentes en lotes de libros, cheques-agasallo intercambiables por libros ou material escolar.

 Os traballos enviaranse a Premios Vozesnavoz La Voz de la Verdad, r/ Bispo Aguirre, 17  27002 Lugo. Pode facerse a entrega persoalmente ou por medio do centro escolar no que estude o concursante.

[Bases]

A %d blogueros les gusta esto: