Centenario de Misioneiras Eucarísticas de Nazaret

A comunidade de Misioneiras Eucarísticas de Nazaret de Lugo organiza actos de acción de grazas polos 100 anos de existencia da Congregación.

As celebracións son os seguintes días:

Domingo 2 de maio

  • Oración de acción de grazas pola fundación de Misioneiras Eucarísticas Nazaret

  • Lugar e hora: Catedral de Lugo, 17:30 horas

Luns 3 de maio

  • Celebración eucarística

  • Lugar e hora: Parroquia de San Froílán (Lugo), 18:00 horas

O 3 de maio de 2021 cúmprense 100 anos da súa fundación, levada a cabo en Málaga, por San Manuel González. Este bispo español, marcado para sempre polo encontro con Xesús Eucaristía nun Sagrario abandonado, propúxose achegar a todos á Eucaristía, sobre todo a quen estaban máis sós e abandonados. As Misioneiras Eucarísticas de Nazaret continúan facendo vida este carisma eucarístico reparador e levan adiante a súa misión de anunciar ao mundo o Evanxeo da Eucaristía.

1 de maio, Festa de San Xosé Obreiro e Día do traballo

Xesucristo aprendeu de san José “o valor, a dignidade e a alegría do que significa comer o pan que é froito do propio traballo”; e que aquela familia de Nazaret tivo que afrontar, na súa migración por Exipto, “a necesidade para comer, de atopar unha casa, un traballo”. (Patris Corde)

A iniciativa Igrexa polo Traballo Decente (ITD) alerta como o impacto da pandemia está a debilitar o dereito ao traballo, e empobrecendo, precarizando e descartando a millóns de traballadoras e traballadores, principalmente mulleres e xoves.

Esta deterioración provoca que o dereito ao traballo estea en risco, o que supón que o pacto social entre en crise e, con iso, a propia democracia.

Medidas urxentes que se propoñen para reconducir a situación :

– Redefinir a idea do traballo como actividade humana e configurar novas políticas que aseguren a cada persoa traballadora “algunha maneira de achegar as súas capacidades e o seu esforzo” á construción do ben común.

– Potenciar o traballo con dereitos e seguro en calquera relación laboral e para todas as persoas, sen distinción de idade, sexo ou procedencia.

– Medidas de protección social para quen non poidan traballar ou as súas condicións laborais non lles permitan chegar “a fin de mes”.

– Lograr o recoñecemento social e laboral dos empregos esenciais para a vida, cunhas condicións laborais dignas.

– Novo contrato social baseado na centralidade da persoa, o traballo decente e o coidado do planeta.

– Impulsar a incorporación da mocidade ao traballo digno.

A iniciativa Igrexa polo Traballo Decente está conformada por Cáritas, Conferencia Española de Religiosos (CONFER), Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC), Justicia y Paz, Juventud Estudiante Católica (JEC), Juventud Obrera Cristiana (JOC), Fundación JuanSoñador e Taller de Solidaridad.

[Manifesto]

[Guión litúrxico]

13 pasos para debuxar un sorriso na túa familia

O 1 de maio en Melide terá lugar o taller titulado “13 pasos para debuxar un sorriso na túa familia”, ofrecido polo Centro de Orientación Familiar Diocesano de Lugo e o Instituto da Familia.

O taller impárteo o psicólogo e Coach familiar Jesús Ramírez Fonseca (imaxe esquerda).

No taller apréndense ferramentas e actitudes para crecer no amor. Manter o amor é un traballo cotián que hai que facer de maneira consciente e constante. O camiño de ser familia pode ser un camiño de gozo para todos.

O pasado 25 de abril impartiuse este taller no Corpiño (Lalín).

Celebración da Pascua de Mans Unidas

O venres 30 de abril a igrexa da Milagrosa (Lugo) acolle unha Eucaristía coa que Mans Unidas celebra a Pascua e ao mesmo tempo pedirase pola saúde de socios, colaboradores, voluntarios, enfermos. Ademais, haberá un recordo polos falecidos durante o último ano entre membros da organización e familiares.

Despois da Misa haberá un tempo de adoración eucarística. A acción ten que ir acompañada da contemplación.

Ciclo de charlas sobre San Xosé

O salón de actos do Seminario Lugo acolle un ciclo de charlas sobre San Xosé os vindeiros 4 mércores ás 20:30h para coñecer máis a persoa e misión do pai de Xesús. Poderase asistir de forma presencial ou en liña.

21 de abril: “San Xosé: o soño da vocación”, por Juan Jesús Gutierro Carrasco, profesor na Universidade Católica de Ávila e doctorando en filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas

28 de abril: “San Xosé na experiencia de Santa Teresa”, por Salvador Ros García

5 de maio: “San Xosé na liturxia”, por Jaume González Padrós

12 de maio: “San Xosé a través das Escrituras”, por Luís Sánchez Navarro, DCJM

A %d blogueros les gusta esto: