Clausura da IV edición de Conectando Xeracións

O Instituto da Familia de Galicia, organizador do Programa Conectando Xeracións, parte do convencemento de que toda vida é única e merece ser contada. Por iso o 28 de setembro estiveron presentes en Lugo, realizando o acto de entrega da publicación final da cuarta edición do Programa Conectando Xeracións.

O evento tivo lugar no Seminario Menor de Lugo, coa presenza dos mozos participantes e tamén dos maiores biografiados.

Conectando Xeracións é unha proposta de intervención social que se materializa grazas ao apoio da Xunta de Galicia, en favor do fortalecemento e valoración da identidade dos maiores e da conexión e mutuo enriquecemento de xeracións moi separadas no tempo. Os maiores non só necesitan atención médica e coidados físicos: tamén ser queridos, valorados e escoitados. Os mozos non só necesitan formación e medios técnicos. Tamén aprender a escoitar e a desenvolver un voluntariado social. Desta maneira, promóvese, entre os mozos, a creación vínculos interxeracionais que supoñan a adquisición de valores cívicos e éticos como a igualdade, a tolerancia, o respecto, a solidariedade e o compromiso.

Xa está en marcha a V edición, polo que os mozos con residencia en Galicia (Lugo, Ourense, Vigo ou Santiago de Compostela) que desexen participar e queiran homenaxear aos maiores en vida, poden informarse en: conectandogeneraciones@cafourense.es

Nomeamentos na Diocese

O Bispo Mons. Alfonso Carrasco Rouco, comunicou o 17 de setembro os nomeamentos que reorganizan o organigrama da curia diocesana.

DELEGADO EPISCOPAL DE LITURXIA, RELIXIOSIDADE POPULAR E PATRIMONIO HISTÓRICO ARTÍSTICO

Delegado: Rvdo. D. José Antonio Ferreiro Varela

– Departamento de Patrimonio Histórico Artístico

Director: D. Jesús Salvador López

– Departamento de Música Litúrxica

Director: Rvdo. D. Abraham Sánchez Pujante

Responsable de Eventos: D. Giulio Mercati

– Departamento de Santuarios e Peregrinacións

Director: Rvdo. D. José Criado Sánchez

– Departamento para o Camiño de Santiago

Director: Rvdo. D. Francisco Moreiras Calvo

DELEGACIÓN EPISCOPAL PARA A EDUCACIÓN NA FE

Delegado: Rvdo. D. Alberte Leiva Torreiro

– Departamento de Ensino

Director: D. Miguel Rico Gómez

– Departamento de Catequese

Director: Rvdo. D. Alberte Leiva Torreiro

– Departamento de Pastoral Xuvenil

Director: Rvdo. D. Luis Varela Castiñeira

– Departamento de Pastoral Universitaria

Director: Rvdo. D. David Varela Vázquez

– Departamento de Pastoral Vocacional

Director: Rvdo. D. Miguel Asorey Otero

DELEGACIÓN EPISCOPAL DE LAICOS, FAMILIA E VIDA

Delegado: Rvdo. D. Nicolás Susena Presas

DELEGACIÓN EPISCOPAL DO CLERO

Delegado: Rvdo. D. Xesús Anxo Fernández Aira

DELEGACIÓN EPISCOPAL PARA A VIDA CONSAGRADA

Delegado: P. Juan Antonio Fraile Gómez MMCCJ

DELEGACIÓN EPISCOPAL DE CARIDADE E ACCIÓN SOCIAL

Delegado: Rvdo. D. Antonio Negro Expósito

– Departamento de Pastoral penitenciaria

Director: Rvdo. D. José Río Ramilo

DELEGACIÓN EPISCOPAL DE PASTORAL DA SAÚDE

Delegado: Rvdo. D. Jorge Vázquez Freire

DELEGACIÓN EPISCOPAL DE MISIÓNS

Delegado: Rvdo. Jesús Manuel Santiago Vázquez

DELEGACIÓN EPISCOPAL DE PATRIMONIO E BENS INMOBLES

Delegado: Rvdo. D. Miguel Ángel Gómez Vázquez

DIRECTOR DO MUSEO DIOCESANO E CATEDRALICIO

Director: Prof. Dr. D. Marcos Calles Lombao

[Información en castellano]

Taller para noivos

O psicólogo Jesús Ramírez ofrece unha serie de recursos para vivir mellor o noivado a través deste taller: 5 principios básicos para unha boa relación de parella.

Día: venres, 24 de setembro

Hora: 19.30

Lugar: salón da Parroquia Santiago A Nova, Lugo

É necesaria a inscrición previa.

Viaxe a “Las Edades del Hombre”

Unión Eucarística Reparadora e a Delegación de Catequese de Lugo organizan os días 11 e 12 de setembro unha viaxe para visitar “Las Edades del Hombre” co seguinte programa:

SÁBADO

07:00 Saída (Praza Bretaña)

09:50 Chegada a Sahagún

10:00 Santuario A Peregrina

10:30 Igrexa de San Tirso

11:00 Saída cara a Carrión

11:30 Chegada a Carrión

11:40 Igrexa Sta. María do Camiño

12:00 Igrexa de Santiago

13:00 Saída cara a Burgos

14:00 Chegada a Burgos

Comida por conta propia

16:00 Visita sede de Burgos

17:00 Catedral de Burgos

18:00 Paseo pola cidade

19:30 Saída cara a Palencia

20:30 Chegada a Palencia

21:00 Cea

22:00 Eucaristía

Casa Sta. María de Nazaret

DOMINGO 12 SETEMBRO

09:00 Almorzo

10:15 Santa Misa na Catedral

11:30 Visita á exposición

San Manuel González

12:30 Visitar a cidade

14:00 Comida

Casa Sta María de Nazaret

16:00 Regreso a Lugo

Prezo: 100 euros por persoa (inclúe a viaxe, a hospedaxe e as entradas aos lugares visitados). Como reserva entréganse 20 euros. É necesario o certificado de vacinacion do Covid 19.

Teléfono de contacto: 619 985 881

Peregrinación ao Santuario do Corpiño

O último domingo do mes de agosto, que este ano é o día 29, levaráse a cabo a VII Peregrinación ao Santuario da Benaventurada Virxe María do Corpiño Coroada.

Horarios:

  • 8 da mañá: Saída da igrexa parroquial de Lalín
  • 9 da mañá: Saída da igrexa parroquial de Silleda e da igrexa parroquial de Vila de Cruces.
  • 12 da mañá: Santa Misa Solemne
  • 6 da tarde: Santa Misa

A peregrinación é gratuíta e non é necesaria inscrición. É obrigatorio levar chaleco reflector.

A %d blogueros les gusta esto: