Concerto espiritual “In festo Sanctae Ceciliae”

O mércores 24 de novembro ás 19.30 h na Capela do Carme (Lugo) ofrécese o concerto espiritual “In festo Sanctae Ceciliae”.

Interveñen Alberto Melgrati (óboe), o grupo Concentus Lucensis (coas voces de Esperanza Iglesias, Carmen Prendes, Fernando G. Jácome, Antón Castro, Giulio Mercati, este último tamén no órgano).

Interpretarán obras de Händel, Dufay, Francisco Guerrero, Vivaldi, Thomas Tallis, Palestrina, Alessandro Marcello, Tomas Luis de Victoria e Johann Sebastian Bach.

É un acto organizado pola Delegación episcopal de Liturxia, Relixiosidade popular e Patrimonio histórico artístico.

[Programa]

Material educativo de Mans Unidas

Mans Unidas Lugo ten preparado o material didáctico para profesores e catequistas correspondente a este curso 2021-2022. Haberá unha presentación oficial deste material e das actividades en xeral da delegación lucense de Mans Unidas o mércores 24 de novembro ás 17 h no salón de actos do Seminario. É un acto aberto a todos os interesados e nel participará Roberto Martínez Medina, técnico do Departamento de Formación de Mans Unidas.

Previamente, o martes 23 de novembro ás 19 h, na Capela da igrexa de Santiago A Nova (Lugo) celébrase unha Eucaristía na que se pedirá pola boa marcha do novo curso e polos familiares defuntos dos socios.

Viaxe a “Las Edades del Hombre”

Os días 16 e 17 de novembro organízase unha viaxe desde Lugo e Lalín a Carrión de los Condes, Sahagún e Burgos para visitar con guía as tres exposicións “Las Edades del Hombre” 2021. Tamén haberá unha visita guiada de medio día a Burgos, lugar onde se fai noite. O prezo é de 145 euros.

Organizan a Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio – Departamentos de Santuarios e Peregrinacións e de Patrimonio Histórico – Artístico. Información e reservas no teléfono 687 795 621

Charla – taller “Escoitémonos”

O sábado 13 de novembro, ás 11 h no salón parroquial de San Froilán, terá lugar unha charla-taller que trata de sensibilizar e informar ás familias e ás persoas afectadas pola perda auditiva e pola deterioración cognitiva.

Intervirán expertos na materia: logopeda especialista en xordeira, e psicóloga especialista en neuropsicoloxía e xordeira.

Este taller está impartido por ACOPROS (Asociación de Cooperación e Promoción do Xordo). É unha asociación que trata de dar resposta ás necesidades das familias con fillos e fillas con discapacidade auditiva e demais persoas interesadas. A organización corre a cargo do Centro de Orientación Familiar diocesano, que trata así colaborar coa vida das familias ao atender unha cuestión tan importante no día a día de moitas persoas e da súa contorna.

O acceso á charla é gratuíto. Pero as prazas son limitadas así que é necesario apuntarse previamente na propia parroquia ou enviando un mail a: info@cofdiocesano.org

Camiño do Corpiño

O Camiño do Corpiño, reinaugurado este ano, ten unha lonxitude de 19 quilómetros, é de dificultade media e faise en cinco horas. Parte do Pazo de Liñares e acaba no santuario do Corpiño. Os 19 quilómetros pódense partir en dous co centro en Madriñán.

Hai un selo de Facendo camiño por Lalín, que se pode timbrar en diferentes lugares ao seu paso. Un folleto informativo da ruta garda un espazo para os selos a levar a cabo polo menos ao principio, no medio e ao final do percorrido. Os folletos están dispoñibles na Oficina de Turismo, o Concello e Liñares.

Os peregrinos que xa camiñaban até o santuario poden seguir este itinerario máis protexidos do tráfico. Hai dúas pequenas variantes, para pasar pola capela das Mercedes en Anzo e evitar un pequeno tramo en costa para ir polo medio das casas.

Están colocadas 16 sinais noutras tantas igrexas do municipio con paneis informativos. Tres delas están nesta ruta do Corpiño. Ademais das tres igrexas -románicas- hai castros, produtos excelentes e como paraxe de interese os dous quilómetros pola carballeira de Agrazán.

A %d blogueros les gusta esto: