Festa da Sagrada Familia

O domingo 26 de decembro a Igrexa celebra a Xornada da Sagrada Familia co lema «Anunciar o Evanxeo da familia hoxe». O Bispo presidirá o devandito día a Santa Misa na Catedral ás 13 horas. Renovarán as promesas matrimoniais cantos participen nesta celebración. Ao concluír a mesma, Mons. Alfonso Carrasco entregará un obsequio ás familias.

[Materiais]

Actuacións musicais

Capela do Carme, Lugo. Xoves 16 (día do mes en que se celebra a Eucaristía na capela), O armonio do século XIX da capela tocarao Xavier de Acosta, que tamén o restaurou recentemente. Xunto con Abraham Sánchez (voz) interpretarán “Stabat mater”, de Pergolesi, cantos de Advento como “Nueva aurora”…

Igrexa Santiago A Nova, sábado 18 de decembro: clausura da Novena á Virxe da Esperanza, co Orfeón Lucense.

Igrexa de Meira, sábado 18 de decembro ás 19:30 h: II Festival de Corais de Nadal, con actuación da Coral Polifónica de Meira, Coral Polifónica de Palas de Rei e do Orfeón Xoán Montes de Lugo.

Igrexa de San Froilán, Lugo, domingo 19 ás 19h: Concerto e Misa co Orfeón Lucense

Catedral de Lugo, domingo 19 ás 20:45 h Concerto de Solo Voces, e o domingo seguinte, 26 de decembro ás 17:30 h actúa o Orfeón Lucense. Estas actuacións forman parte do ciclo musical “Cantemos ao Nadal” que se vén desenvolve este mes na basílica lucense.

Festival de panxoliñas en liña que organiza o 17 de decembro Escolas Católicas.

Vixilia Diocesana da Inmaculada

O martes 7 de decembro na Parroquia Santa Mariña de Chantada celébrase a Vixilia Diocesana da Inmaculada, co lema “María, luz das familias”. 

Ás 18:30 h sáese en procesión coa imaxe da Virxe da igrexa vella de Chantada ata a igrexa nova. Haberá un xesto inicial de entrega de flores e peticións feitas por familias á Virxe. A continuación, a Eucaristía e ao final da mesma conságranse á Inmaculada todas as familias da Diocese que de xeito particular fai o Sr. Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco, que preside esta Vixilia Diocesana.

Nos últimos anos, esta celebración vén facéndose en lugares distintos da Diocese.

[Propostas de música para a solemnidade da Inmaculada]

Encontro diocesano ao inicio do Ano Litúrxico

A Delegación Episcopal de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico Artístico organiza o 29 de novembro o Encontro diocesano ao inicio do Ano Litúrxico. Será a partir das 11 h no Mosteiro de Carboeiro e no santuario do Corpiño. O programa é o seguinte:

Mosteiro de Carboeiro

11:00 h Oración e visita ao Mosteiro

Santuario do Corpiño

12:00 h Reflexión sobre a sinodalidade

12:30 h Celebración penitencial

13:00 h Eucaristía

14:00 h Xantar

A %d blogueros les gusta esto: